Xogo Trivial dixital

Adaptado a web e móviles, para traballar xogando na aula @s docentes como ferramenta educativa, e para as familias na casa

Momento para xogar, momento para aprender

Este pequeno xogo tribial queremos que viva nas escolas da nosa cidade para aprender a convivir nun mundo mellor, sen violencias; que cobre vida nas casas das familias, que sexa un amigo de xogos nos momentos tamén de ocio das nosas nenas e nenos, mozas e mozos, pois ten varios nivéis de preguntas adaptadas a todas as idades.
Trátase dunha ferramenta educativa para docentes, alumnado e familias, para xogar e aprender. Contempla a idea de que se poda xogar na clase e @s [email protected] poidades xestionar preguntas/respotas e dirixir a mecánica. Así permite [email protected] pero pensando para as aulas de centros educativos e para as propias famlias na casa para interactuar as persoas que xoguen e aprender e xogar [email protected] Ademais poderá xogarse a este tribial educativo contra as violencias e pola igualdade en calquera dispositivo tendo navegador. Así non hai limitacións nas aulas e non importa tamén se un/unha neno/a ten Tablet, Pc ou móvil

O xogo contén:

 

1. Preguntas/respostas sobre mulleres galegas pioneiras e referentes

Mulleres galegas das que temos moito que aprender para ensinar igualdade e procurar cambios sociais como elas fixeron. Empregando o formato tribial sería así: quen era Antonia Ferrín? E habería que escoller unha resposta ou ben todas son válidas. Así daremos a coñecer a figura de moitas mulleres descoñecidas na nosa historia de Galicia tanto do pasado como actuáis para empoderas as nosas nenas/mozas e tamén para darlle entre os homes nun mundo dan masculinizado, valor ao labor e presenza das mulleres.

2 Preguntas/respostas doutras mulleres fóra de Galicia e nalgúns casos non tan coñecidas

para as nenas e mozas pero que fixeron grandes cousas ao longo da historia para que as nosas nenas e nenos, mozas e mozos vaian interiorizando estes outros moitos referentes femininos poñendo en valor o traballo e importante aportación das mulleres á historia do mundo.

O xogo complétase cun
Dicionario Contra as Violencias e pola Igualdade
que se pode descargar na páxina web de valoReSC
www.valoresc.org

Un dicionario para aprender a pensar, e para soñar cun mundo sen violencias machistas e pola igualdade. Elaborado con debuxos e textos, polas nenas e nenos, mozas mozos de primaria e secundaria, en colaboración con varios centros educativos, para debatir, expresar, razoar e reflexionar sobre diferentes conceptos relacionados coas violencias machistas, e a igualdade, conceptos en positivo e negativo para abordar diferentes cuestións que é fundamental que vaian interiorizando para ser [email protected] en igualdade.

E que mellor forma que implicar no seu significado e contido, á nosa infancia e xuventude dun xeito directo e partícipes en primeira persoa de actuacións que melloren a nosa sociedade. Recolle palabras nesta materia como “violencias machistas”, “tipos de violencias”, “empoderamento”, etc. Así como debuxos alusivos a moitas delas.

xunta valoresc web

Start typing and press Enter to search

Shopping Cart